• AROUSA NOTICIAS 19 09 25
    Sep 19 2025
    A Policía Nacional busca ao autor dun roubo rexistrado a primeira hora desta mañá na gasolineira Cepsa da recta de Rubiáns, en Vilagarcía. O Concello de Vilagarcía volveu a expresar esta mañá a súa solidariedade co pobo palestino seguindo a convocatoria realizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias que se realizou simultaneamente noutros concellos e deputacións de Galicia. A colaboración municipal coas Comunidades de Montes de Vilagarcía para o mantemento e prevención de incendios forestais permitiu o acondicionamento de ata 46 hectáreas de monte. O Concello de Cambados e a empresa Xesta Telecom asinaron esta mañá un convenio para promover iniciativas medioambientas vencelladas a un desenvolvemento sostible do municipio. O Grove conta os días para a 72 edición da Festa do Marisco que se celebrará na Praza do Corgo do 2 ao 12 de outubro. Cambados recupera a carreira popular 10K da man do club atletismo Cambados e o Concello coa axuda da Deputación de Pontevedra e a colaboración de Gadis e Froiz.
    Show More Show Less
    16 mins
  • AROUSA NOTICIAS 15 09 25
    Sep 15 2025
    A campaña da vendima entra na recta final e de momento xa se rozan os 40 millóns de kilos de uva recollida nas diferentes subzonas da D.O Rías Baixas. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa pide ao Ministerio de Transición Ecolóxica e a Portos de Galicia que rectifiquen o novo punto de verquido elexido para depositar os dragados portuarios. O alixo de cocaína incautado esta pasada fin de semana na Pobra supera os 3.000 kilos, trala localización de novas cantidades por parte da Policía Local nas últimas horas. A agrupación de Protección Civil e Emerxencias de Vilagarcía dispón dende hoxe dunha nova ambulancia destinada a usos preventivos. O Concello de Sanxenxo proxecta a renovación das instalacións do Punto Limpo "As Cereixeiras" cun orzamento previsto de 82.000 euros, financiados nun 90% mediante fondos europeos. Ribadumia abrirá este xoves, 18 de setembro, o prazo de inscrición para as actividades de lecer e tempo libre organizadas polo Consistorio, A Deputación de Pontevedra creará no polígono industrial de Barro un espazo robotizado para gardar as coleccións do Museo de Pontevedra. O Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo acolle este sábado dous espectáculos musicais con representación única na comarca: Un Mundo de Fantasía é Bienvenidos La Radio Fórmula. Conversamos sobre ambos co xerente da productora DiverFest. O humor, protagonista da programación de outono en Vilagarcía, con Carlos Blanco, Touriñán e David Cepo. O barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía, pecha o verán cunha fin de semana cargada de música e bo ambiente baixo a organización da Asociación Veciñal Breogán.
    Show More Show Less
    23 mins
  • AROUSA NOTICIAS 12 09 25
    Sep 12 2025
    A bandeira palestina luce dende hoxe no balcón da Casa Consistorial de Vilagarcía en sinal de condena ao xenocidio en Gaza. A ruptura entre a Organización de Productores de Parquistas de Carril e a Confraría da localidade, que culminou coa apertura en agosto das naves do Ramal, escala un novo episodio. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa fai un chamamento á cidadanía da comarca para que acuda á manifestación “por un monte galego vivo e con futuro” que terá lugar este domingo en Santiago. O grupo municipal do BNG do Grove lamenta que o alcalde José Cacabelos “priorice o paso do autobús escolar pola rúa Hortos fronte fronte á seguridade viaria da veciñanza”. Sanxenxo propón á empresa Narom como adxudicataria da humanización da contorna do pavillón de Baltar por importe de 240.000 euros. Vilanova recibirá 12.500 euros do Plan + Provincia para facer fronte á pavimentación de vías en Fontenla e Paderne. A Concellería de Obras e Servizos de Barro investirá preto de 24.000 euros, ive incluído, na mellora da xestión de biorresíduos con 175 novos composteiros individuais no rural e 35 contedores marróns para productores singulares da hostelería. A romaría Folk no Alobre de Vilagarcía xa ten nova data de celebración tralo aplazamento por mor da chuvia: será o domingo 28 de setembro e os concertos adiántanse ás 17:00 horas .
    Show More Show Less
    16 mins
  • AROUSA NOTICIAS 11 09 25
    Sep 11 2025
    Un veciño de Cambados foi detido en Meis por presunto tráfico de drogas durante un operativo de control de persoas e vehículos realizado pola Garda Civil este mércores. A Garda Civil decomisou un total de 990 paquetes de tabaco de contrabando durante un control de vehículos en la vía pública, a la altura de la parroquia de Vilalonga. O grupo municipal do BNG de Vilagarcía exixe rigor á Xunta e o Concello no arranxo das deficiencias detectadas no albergue de Carril, tan só dous meses despóis da súa estrea. O Partido Popular de Vilagarcía alerta do abandono que, asegura, sufren algunas rúas de A Lomba con baches e herbas que invaden viais e beirarrúas. O alcalde do Grove responde á veciñanza de Terra de Porto que iniciou mobilizacións para impedir o paso de vehículos pesados e autobuses escolares pola rúa Hortos, Farase unha excepción na prohibición sinalizada co autobús escolar ao igual que se fai co camión do lixo. A vendimia na D.O Rías Baixas afronta a recta final e está a ser visitada estes días por cinco prescriptores de Estados Unidos que recorren os traballos de colleita polas diferentes subzonas. O Encestarías organiza o seu primeiro torneo feminino, que será amadriñado por Lola Oliveira e celebrarase o 28 de setembro no pavillón Sara Gómez de Vilagarcía a partir das 17 horas. O festival Revenidas abre este xoves 11 as súas portas para unha nova edición que promete manter o espírito combativo e festivo.
    Show More Show Less
    17 mins
  • AROUSA NOTICIAS 10 09 25
    Sep 10 2025
    As protestas a favor de Palestina que marcaron o paso da Vuelta Ciclista pola provincia recibiron esta mañá a valoración tanto do presidente da Deputación, Luis López, como do subdelegado do goberno en Pontevedra Abel Losada. Despóis de que preto dun milleiro de persoas bloqueara o tramo final da etapa en Mos, o presidente provincial expresou o seu máximo respeto ás manifestacións pero dixo non consentir o “boicot”. Asimesmo, Luis López tamén censurou o que considera “doble moral” do BNG con respecto a participación de deportistas israelíes noutras probas deportivas celebradas en Lugo ou en Pontevedra. O subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada expresou a súa condena pola interrupción da proba deportiva, o seu apoio ás manifestacións pacíficas, a defensa da actuación policial e as súas críticas á alcaldesa popular de Mos, Nidia Arévalo, e do deputado do BNG Nestor Rego. A estrada entre Vilagarcía e Catoira converteuse nas últimas horas nun punto negro de accidentes con catro sinistros en escasos intervalos de tempo. Os xabaríns provocaron esta pasada noite dous novos accidentes de tráfico na PO-548 á altura de Bamio, no mesmo punto, o kilómetro 15, e cun intervalo dunhas horas. A vendima continúa mirando cara a meteoroloxía nun momento trascendental da colleita no que todas as adegas da D.O Rías Baixas están inmersas nos labores de recollida de uva con 31,3 millóns de kilos recollidos. A praia da Concha reabre ao baño tras o episodio de contaminación microbiolóxica notificado o pasado venres, día 5 de setembro. En canto ao albergue de Carril, o Concello responde a Turismo de Galicia que “sempre estará disposto a asumir calquera desperfecto tal e como se fixo para a apertura das instalacións" pero nega "deficiencias estructurais" segundo o informe de patoloxías. O grupo de goberno do BNG de Cambados responsabiliza á Xunta da cancelación do programa de conciliación «Xoubiñas», previsto para este curso escolar por un "erro na resolución da concesión". Sanxenxo iniciou estes días as obras de mellora enerxética da Casa de Cultura de Nantes, cos traballos na fachada exterior, e a humanización da Travesía Arenal en Portonovo, co picado e levantamento do pavimento. Ribadumia elaborou un mapa con rutas alternativas ante os cortes de tráfico con motivo da etapa prólogo da 23ª Volta Ciclista a Galicia que se desenvolverá na localidade este xoves 11 de setembro. Os amantes das motos teñen esta fin de semana unha cita en Sanxenxo coa 37 Concentración Mototurística Internacional Rías Baixas na que se agarda a presencia duns 20.000 moteiros en Baltar.
    Show More Show Less
    20 mins
  • AROUSA NOTICIAS 09 09 25
    Sep 9 2025
    Dúas persoas resultaron feridas graves a consecuencia dunha liorta a martelazos rexistrada esta mañá na suposta “narcocasa” de Trabanca Badiña, en Vilagarcía. A xuiza de Instrucción decretou a posta en liberdade do mozo de Vilagarcía investigado por supostamente ter matado á súa nai no domicilio que ambos compartían na rúa Duque de Rivas. Turismo de Galicia exixe ao Concello o arranxo dos desperfectos detectados no Albergue de Carril, estreado este verán trala cesión por parte do Concello á rede de albergues de Galicia e con peche cautelar dende o pasado venres. Os clubs deportivos de Vilagarcía saen á rúa para captar talento de cara á nova temporada e organizan xornadas na rúa co obxectivo de achegar ás súas disciplinas ás familias. As carabelas portuguesas dan unha tregua en Sanxenxo e no Grove ainda que quen acuda ás praias debe ser todavía cauto ao achegarse á auga. Os propietarios do Polígono de Paradela-Carracedo, en Caldas, dan luz verde ao desenvolvemento do parque empresarial. A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía celebra o seu décimo aniversario cun programa de concertos que inclúe a actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia e da Real Filharmonía, A Illa de Arousa e a Mancomunidade do Salnés organizan unha nova experiencia turística e cultural para "revivir a orixe do Camiño de Santiago a través da Ruta Traslatio".
    Show More Show Less
    16 mins
  • AROUSA NOTICIAS 02 09 25
    Sep 2 2025
    Paro agosto: co peche do período estival e o remate das contratacións de verán o desemprego aumenta no Salnés e baixa lixeiramente no Barbanza. Sanxenxo colgou unha vez máis o cartel de "completo" logrando unha ocupación media do 88,44% durante o mes de agosto. En Caldas, o alcalde Jacobo Pérez, solicita unha reunión co Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible para solicitarlle que se teñan en conta as propostas municipais no futuro proxecto da Variante Oeste. Na Illa de Arousa, o alcalde Luis Arosa volve a reclamar á Xunta que preste atención ao colexio Torre Illa e arranxe deficiencias que, segundo asegura, se veñen arrastrando dende hai anos. Vilagarcia reafirma que o cambio na circulación da rúa Adolfo Pedrido Morla, a partir de hoxe con sentido único, "repercutirá positivamente na zona de Fontecarmoa". Ravella solicitou autorización á Autoridade Portuaria para a instalación da estatua "O Adeus" de César Lombera no peirao de Pasaxeiros. A presenza de carabelas portuguesas vivas en praias de Sanxenxo sigue provocando que o Concello prohiba o baño e ice a bandeira vermella nos areais afectados. Vilagarcía volve a mirar cara Ucraína coa II Carreira Solidaria organizada por Arousa Moza en colaboración co Concello e La Caixa. Meis agarda a presencia de máis de 70 coches de toda Galicia na II Concentración de Clásicos que se celebrará este domingo 7 de setembro.
    Show More Show Less
    19 mins
  • PROGRAMA ESPECIAL ALBARIÑO 25
    Sep 2 2025
    Programa Especial Festa do Albariño 2025 en directo dende o Paseo da Calzada de Cambados, con entrevistas a asistentes, representantes das adegas, alcalde, Concelleiro de Festas e presidente da D.O Rías Baixas. Tamén nos achegamos ata o Túnel do Viño celebrado no Salón Peña e revivimos o pregón pronunciado por Domin.
    Show More Show Less
    58 mins