Episodes

  • Celtas ou romanos? Viaxe ás raíces da identidade galega
    Sep 24 2025
    Este é o primeiro episodio da serie Desmontando Mitos de GCiencia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, para explicar algúns dos grandes mitos da ciencia.

    Neste primeiro capítulo falaremos das raíces da identidade galega: somos celtas ou romanos? Responde a profesora de Historia Antiga da Universidade de Santiago, Dolores Dopico.
    Show More Show Less
    5 mins
  • Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?
    Feb 16 2024
    No décimo e último episodio da serie Desmontando Mitos falamos co astrónomo José Ángel Docobo para confirmar que poñer a roupa ao clareo do Sol é unha técnica tradicional pero efectiva. O investigador da Universidade de Santiago explica que a os raios solares son o mellor desinfectante natural.

    Desmontando Mitos é unha serie de Gciencia co apoio da Fecyt e a colaboración da USC.
    Show More Show Less
    5 mins
  • O amor, unha cuestión de química?
    Feb 9 2024
    Un xesto, unha ollada, os trazos dunha persoa ou simplemente a súa voz. Calquera destes pequenos detalles pode espertar en nós unha atracción física, sexual ou emocional provocada polas nosas hormonas que, unha vez en acción, pódennos levar a sentir desexo, amor e cariño. Cada unha das fases da relación entre dúas persoas está asociada cunha parte do cerebro, desde o máis primitivo ata o máis racional, e é resultado do efecto de diferentes substancias químicas. Hoxe, en Desmontando Mitos, falamos da química do amor con Ana Garcia Deibe, catedrática de Química Inorgánica na Universidade de Santiago de Compostela.
    Show More Show Less
    5 mins
  • As maniotas melloran con auga e azucre?
    Feb 2 2024
    Non conseguir poñerse de pé ou simplemente levantar os brazos polo doloroso que pode ser, é algo que acontece cando facemos un exercicio intenso ou prolongado forzando os nosos músculos. É o que se chama ter maniotas. Antes pensábase que eran resultado do ácido láctico que produce o noso metabolismo cando facemos exercicio e que, en forma de cristais, depositábase nos nosos músculos, como pequenas agullas, provocando unha dor intensa. Pero a ciencia ten hoxe outra resposta sobre a orixe das maniotas. Así nolo explica no oitavo episodio de Desmontanto Mitos a catedrática de Pediatría e profesora e investigadora en Nutrición na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
    Show More Show Less
    5 mins
  • É a intelixencia artificial unha ameaza para a humanidade?
    Jan 26 2024
    O frenesí dos últimos anos arredor da intelixencia artificial leva a moitos a preguntarse polo verdadeiro alcance dunha revolución con riscos, pero con moitos beneficios se se seguen as normas.
    Show More Show Less
    6 mins
  • Comer ovos dispara o noso colesterol?
    Jan 19 2024
    Cocidos, na tortilla de patacas, revoltos con hortalizas ou nos doces da sobremesa. Na nosa gastronomía moitas receitas, sobre todo as tradicionais, levan ovos de galiña. Porén, durante moitos anos falar de comer ovos foi sinónimo de colesterol no sangue.

    Unha relación que hoxe rexeita Manuel Vázquez, catedrático de Tecnoloxía dos Alimentos na Universidade de Santiago de Compostela, no novo episodio de Desmontanto Mitos; unha serie de Gciencia co apoio da Fecyt e a colaboración da USC.
    Show More Show Less
    4 mins
  • Os mosquitos teñen unha cor favorita?
    Jan 12 2024
    Por que nos pican os mosquitos? Depende da cor da roupa que levemos? Carlos Otero, entomólogo da Universidade de Santiago de Compostela explícanos que determina a nosa condición de vítima e por que picarnos é unha necesidade das femias desta especie.
    Show More Show Less
    5 mins
  • É o limón o remedio contra todos os males?
    Jan 5 2024
    O limón forma parte da nosa cultura gastronómica e da nosa farmacia doméstica dende hai séculos. Con todo, a ciencia négalle na actualidade os seus poderes de superalimento. No cuarto episodio de Desmontando Mitos abordamos coa dietista e nutricionista Nerea González os beneficios desta froita para a saúde, os perigos dun consumo excesivo e desmentimos as crenzas sobre as súas propiedades “detox”.
    Show More Show Less
    5 mins