Episodes

  • Inés de Quiroga, a abadesa que rompeu as regras
    Sep 23 2025
    Inés de Quiroga foi abadesa do mosteiro bieito feminino de Sobrado de Trives a comezos do século XVI. É dicir, xustamente durante a implantación dunha reforma impulsaba polos Reis Católicos que esixía unha maior rigorosidade das normas monásticas. Pero ela opúxose con firmeza.

    Este é o terceiro episodio da serie Raíñas de Galicia. Contamos co investigador Miguel García-Fernández, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) e da Universidade de Santiago (USC) para debullar a historia de Inés de Quiroga.
    Show More Show Less
    20 mins
  • Dona Urraca, a primeira raíña de Europa
    Sep 19 2025
    Coñeces a dona Urraca? Subiu ao trono a comezos do século XII e foi a primeira muller en conseguilo en Europa! A súa historia é apaixonante, e por iso lle dedicamos o segundo capítulo da serie Raíñas de Galicia, que busca rescatar a memoria das mulleres medievais galegas.

    Neste episodio contaremos coas historiadoras Diana Pelaz e Carla Trincado, as dúas da Universidade de Santiago, para descubrir as facetas máis descoñecidas de Urraca.
    Show More Show Less
    20 mins