
Entrevista - Valentín González Formoso - 23-05-2025
Failed to add items
Sorry, we are unable to add the item because your shopping cart is already at capacity.
Add to basket failed.
Please try again later
Add to Wish List failed.
Please try again later
Remove from Wish List failed.
Please try again later
Follow podcast failed
Unfollow podcast failed
-
Narrated by:
-
By:
About this listen
Nesta entrevista comentamos co alcalde diversos temas de actualidade referentes ao Concello das Pontes e a súa área de influencia; como as demandas á Xunta de Galicia por parte do Concello, conxuntamente co tecido empresarial, industrial e comercial das Pontes dun novo reparto máis xusto e equitativo dos fondos de Transición Xusta.
Tamén comentamos a recente visita do rexedor pontés ao País Vasco para reunirse con José Antonio Jainaga, Presidente de Sidenor, que recentemente adquiriu a empresa pontesa Arteixo Telecom. Neste encontro o grupo empresarial vasco garantiu a continuidade da actividade industrial e por ende dos traballadores e traballadoras da empresa con sede no noso Concello.
E de emprego falou tamén o alcalde das Pontes tralo encontro que tiña lugar nas instalacións da Asociación Seara entre os representantes do tecido industrial pontés co Presidente de NAVANTIA que vén de informar que contan cunha previsión de máis de 9000 postos de traballo directos para os vindeiros 15 anos tralos recentes contratos co Ministerio de Defensa por parte do estaleiro.
Outro dos aspectos tratados na entrevista foron as obras de mellora de diversos vieiros da vila. Un total de 6 millóns de euros entre obras xa adxudicadas e outras pendentes de adxudicación que, en palabras do propio alcalde, mellorarán a funcionalidade e estética da vila, ademáis de reverter positivamente na economía circular das Pontes.
Amáis diso, o alcalde das Pontes debullou máis polo miúdo a recente adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, a publicación das axudas para as entidades sociais neste 2025, ou a recente ampliación de servizos á cidadanía con ese novo terminal electrónico para a renovación dos certificados dixitais, situado nas dependencias da Policía Local das Pontes.
What listeners say about Entrevista - Valentín González Formoso - 23-05-2025
Average Customer RatingsReviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.
In the spirit of reconciliation, Audible acknowledges the Traditional Custodians of country throughout Australia and their connections to land, sea and community. We pay our respect to their elders past and present and extend that respect to all Aboriginal and Torres Strait Islander peoples today.